Zé Ricardo: "O equipo estaba a morte con Hernán, e agora con Justo tamén"
O próximo rival do Lugo será o Racing de Santander
A semana de traballo avanza, e a sala de prensa do Anxo Carro regresa á actividade. Nesta ocasión, Zé Ricardo compareceu ante os medios de comunicación para dar conta do momento do equipo en plena semana de preparación do duelo fronte ao Racing de Santander.
Un envite fundamental para o conxunto albivermello, ante o que, a xuízo do brasileiro, o bloque está totalmente entregado á causa da vitoria:
"Os adestradores teñen as súas ideas propias. O equipo estivo a matar con todos, agora toca traballar co plan de Fran, e estamos a funcionar moi ben"
"O equipo deu moi boas sensacións no último partido. A nivel defensivo, ofrecemos sinais de identidade claras, sobre todo nas disputas e os duelos. Creo que o grupo se adaptou ben"