Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zapatillas asimétricas con alma galega

Zapatillas asimétricas con alma galega

Un funcionario de Nigrán deseña a súa propia marca de zapatillas

Hai catro modelos combinables entre si, coa esencia do mar, do aire, da terra e das cores de Galicia

G24.gal 04/12/2024 21:11

A creatividade e moita ilusión levaron un funcionario de Nigrán a crear a súa propia marca de zapatillas. Levan a esencia do mar, do aire, da terra e das cores de Galicia. Benjamín Pazó quixo marcar a personalidade galega no deseño da súa marca.

Pazó explica: "Sempre me gustou a asimetría e vivo en Nigrán e embelésome da paisaxe, por iso se me ocorreu plasmalo e facer unhas zapatillas con mensaxe".

Creou a marca 7 C Colors a partir das súas ganas, enfrontando as complicacións de entrar nun negocio descoñecido. "Optei por pel de calidade, que admite a estampación dixital. Todo nacional", detalla.

Venden catro modelos de zapatillas para muller que ademais son combinables entre si, dándolles máis opcións aos usuarios. 

Polo momento só as venden en liña e nunha tenda da praza da Pedra en Vigo, onde van un paso máis alá dos típicos souvenirs apostando por creacións propias. Pablo Otero Costas, o responsable da tenda Morriña, subliña que "a xente busca algo máis que o típico, cada vez os deseños son máis traballados".

Apenas hai uns meses que sacaron á venda as primeiras zapatillas e confían en que poidan ser un dos agasallos que triunfen este Nadal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar