Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz urxe a aprobar a regularización de inmigrantes sen papeis

Yolanda Díaz urxe a aprobar a regularización de inmigrantes sen papeis

A vicepresidenta segunda do Goberno instou a actuar con toda a contundencia para frear a violencia contra os estranxeiros tras os disturbios en Torre Pacheco

(Europa Press / Ricardo Rubio)
G24.gal 16/07/2025 10:54

A vicepresidenta segunda do Goberno Yolanda Díaz instou este mércores a actuar con toda a contundencia para frear a violencia en Torre Pacheco e urxiu a aprobar no Congreso a iniciativa lexislativa popular (ILP) para a regularización de inmigrantes sen papeis.

Nunha entrevista en TVE, a líder de Sumar no Goberno de coalición dixo que a cidadanía española non quere odio, en alusión aos altercados de Torre Pacheco dos últimos días encirrados a través das redes por grupos ultra contra persoas inmigrantes tras a agresión a un veciño de 68 anos o pasado mércores.

Díaz pediu actuar con toda a contundencia para dar certeza e seguridade á cidadanía e defendeu a necesidade de dar un xiro social á lexislatura, xa que advertiu que se os cidadáns ven que non se resolven os seus problemas sociais corren o risco de ir cara á extrema dereita.

"En relación ás políticas de migración, lonxe de facer o que facemos, que son políticas timoratas, eu vou ser clara. Temos unha ILP con 500.000 persoas que están no noso país que teñen que estar regularizadas xa", reclamou.

A tamén ministra de Traballo dixo que as persoas inmigrantes forman parte das nosas vidas e cotizan aquí, traballan aquí e pagan impostos aquí, polo que na súa opinión hai que darlles xa plenitude de dereitos.

Así mesmo, esixiu ao PP que se afaste da extrema dereita de Vox, xa que, na súa opinión, á formación de Santiago Abascal habería que facerlle non un cordón sanitario, senón un cordón democrático.

Doutra banda, acusou o PSOE de paralizar a aprobación do estatuto do bolseiro e sinalou que a súa intención é que o Consello de Ministros aprobe esta iniciativa canto antes, se é posible este mesmo mes de xullo, do mesmo xeito que os permisos parentais retribuídos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade