Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay sofre o lado escuro e silencioso do deportista: "Esíxome moito e pásame factura"

Yeremay sofre o lado escuro e silencioso do deportista: "Esíxome moito e pásame factura"

O canario é o xogador máis diferencial do Deportivo, con quince goles a pasada tempada e catro nesta

G24.gal 04/11/2025 12:19 Última actualización 04/11/2025 12:26

Yeremay falou de cousas que non se adoitan escoitar no mundo do fútbol como a presión, a ansiedade ou sobreexposición mediática.

"Esíxome moito e pásame factura. Hai que ter a cabeza moi tranquila".

Conversou o rapaz de 22 anos sobre ese lado escuro e silencioso do deportista uns minutos despois de marabillar cunha gran xogada e pase de gol co calcaño.

"É complicado, teño 22 anos. Agora teño a cabeza máis limpa".

É o xogador máis diferencial do Deportivo. Quince goles a tempada pasada e vai por catro nesta. O futbolista e a persoa coas súas grandezas e os seus medos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade