Cargando resultados...
Yeremay, mellor xogador de Segunda División para a AFE
O xogador canario foi recoñecido pola súa temporada pasada, a que supoñía o seu debut no fútbol profesional
G24.gal
06/11/2025 15:59
A Asociación de Futbolistas Españoles (AFE) acaba de nomear como mellor xogador da pasada temporada na Segunda División a Yeremay, o dianteiro canario do Deportivo. O xogador foi premiado logo dunha moi boa temporada na que disputou 39 partidos, anotou 15 goles e deu 5 asistencias.
🏆 PREMIOS AFE 2024/2025
— AFE (@afefutbol) November 6, 2025
👑 Mejor jugador de Segunda División pic.twitter.com/ehZDRl84av
Esta temporada tamén está sendo un xogador destacado e importante para o Deportivo, con catro goles e dúas asistencias en doce partidos. No pasado encontro ante o Zaragoza, a súa asistencia no gol de Mella foi unha das mellores xogadas no que vai de temporada.