Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay adéstrase con normalidade e estará ante o Córdoba

Yeremay adéstrase con normalidade e estará ante o Córdoba

Samuele Mulattieri xa está tamén recuperado das molestias que arrastraba

G24.gal 13/11/2025 17:35 Última actualización 13/11/2025 17:44

A presenza do internacional sub-21 Yeremay Hernández traballando co grupo foi a principal novidade no adestramento deste xoves do Deportivo, en que Jose Gragera fixo a primeira parte cos seus compañeiros para logo continuar con traballo individual. A tres días de visitar o Córdoba, o técnico deportivista, Antonio Hidalgo, xa puido traballar sobre o céspede da cidade deportiva con Yeremay, que se ausentou da lesión de onte polos seus problemas de nocello.

A outra boa noticia para o adestrador catalán é que o dianteiro italiano Samuele Mulattieri, que non tivo minutos ante a Cultural Leonesa, xa está recuperado das molestias que arrastraba. No descanso do partido ante o conxunto leonés tivo que ser substituído por unha lesión no nocello o mediocentro Jose Gragera. Esta mañá, o exfutbolista do Espanyol estivo co grupo na primeira parte da sesión e a continuación seguiu con traballo específico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade