Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yelko Pino e Álex celebran o liderado do Pontevedra

Yelko Pino e Álex celebran o liderado do Pontevedra

Os xogadores granates antenderon ao Galicia en Goles no céspede de Pasarón

G24.gal 10/04/2022 19:50

Ao igual que o día do Adarve, o conxunto do Lérez tivo que remontar por dúas veces ante o Avilés. O triunfo,  unido ao empate dos madrileños, permítelles colocarse en posto de ascenso directo. Yelko Pino falou coa Radio Galega sobre o partido de Pasarón.

"Semella que nos vai o de remontar. Oxalá poidamos sacar con mais folgura o resto, pero di moito do equipo, logo de poñerse mal o partido, repoñerse e ser quen de dar a volta e levantarse. Temos cinco finais para acadar o obxectivo"

Pola súa banda, o capitán, Álex González, tamén se referiu a este difícil encontro ante o Avilés.

"Son partidos onde hai que deixalo todo e estamos moi ledos. Son circunstancias do xogo. A afección estivo incrible e deunos folgos. Estamos primeiros e agora hai que aferrarse con uñas e dentes"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade