Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Feira do Botelo da Fonsagrada pon á venda 20.000 quilos deste embutido típico

A Feira do Botelo da Fonsagrada pon á venda 20.000 quilos deste embutido típico

O prezo medio nesta XXVIII edición situouse entre os once e os doce euros o quilo

G24.gal 22/02/2025 14:34

Comezan as festas gastronómicas en Galicia e, sen dúbida, un referente delas é a Feira do Botelo da Fonsagrada, unha celebración que se remonta ao 1998 e que vinte anos máis tarde foi declarada Festa de Interese Turístico Galego.

Nesta edición, a número 28,  os catro produtores participantes puxeron á venda 20.000 quilos deste manxar, un produto gastronómico identitario que de sempre se fixo nas casas desta zona da montaña luguesa como unha forma de conservar a carne da matanza.

Malia que pode haber algunha pequena variación en cada casa ou en cada empresa onde se elabora o botelo, no esencial a receita vén sendo a mesma. E o que resulta esencial é a forma en que se curan os botelos.

A feira demostrou un ano máis o seu poder de convocatoria, coa asistencia de milleiros de persoas. En canto aos prezos, este ano situáronse entre os once e os doce euros por quilo.

O éxito do botelo da Fonsagrada é tal que apenas quedan excedentes sen vender dun produto que ten nesta feira o mellor escaparate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade