Publicador de contidos
Publicador de contidos

Romanos e castrexos reviven no Arde Lucus un pasado de esplendor entre murallas

Romanos e castrexos reviven no Arde Lucus un pasado de esplendor entre murallas

Lugo regresa á época romana con desfiles, recreacións e espectáculos para todas as idades
 

G24.gal 16/06/2024 14:17 Última actualización 16/06/2024 20:29

Día grande este domingo no Arde Lucus, a festa de recreación histórica declarada de Interese Turístico Internacional que se celebra dende hai 24 anos en Lugo. A cidade é agora un escenario poboado por romanos e castrexos que reviven aspectos da época romana.

Emoción e nervios do Desfile dos scholarium no que participan unha vintena de centros educativos e que consegue involucrar a toda a comunidade, cos pais, o equipo docente e o cadro de persoal dos colexios públicos e privados lucenses.

O Arde Lucus consolídase como unha das festas de recreación histórica máis completas. As principais rúas e prazas de cidade volven atrás no tempo con moito realismo.

Durante a xornada vívense todo tipo de escenas cotiás. Tamén se celebran bautizos e vodas celtas, mentres as vestais preservan o lume sagrado da festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade