Publicador de contidos

Xulgan en Ourense un home acusado de abusar dunha menor hospitalizada

Xulgan en Ourense un home acusado de abusar dunha menor hospitalizada

A Fiscalía solicita 3 anos de cadea e 2.500 euros de indemnización polos danos morais á menor

G24.gal 25/11/2021 11:35

A Audiencia provincial de Ourense xulgou esta mañá un home acusado de abusar sexualmente dunha nena de 13 anos mentres estaba ingresada no hospital.

Os feitos foron denunciados pola nai da presunta vítima. Segundo ela mesma declarou, a súa filla estaba hospitalizada no Complexo Hospitalario ourensán e o acusado, familiar da compañeira de cuarto da menor, abusou dela mentres durmía. A nai da pequena, que xa sospeitaba del, fixo que durmía e sorprendeuno tocando a súa filla.

O home nega os feitos. A súa avogada pide a libre absolución, mentres que a Fiscalía solicita 3 anos de cadea e 2.500 euros de indemnización polos danos morais á menor, que tivo que acudir a terapia para afrontar a situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade