Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xubilados lugueses piden que esta xornada non se use nin o caixeiro nin as tarxetas

Xubilados lugueses piden que esta xornada non se use nin o caixeiro nin as tarxetas

Tratan de presionar para acabar coas prácticas "abusivas" da banca

G24.gal 05/02/2022 14:49

Nin usar o caixeiro nin as tarxetas de crédito, este é o xesto solidario que piden dende a Asociación de xubilados de Lugo. O motivo é a exclusión financeira que sofre a xente maior.Boicot aos abusos bancarios/Xubilados lugueses piden que este sábado non se usen nin os caixeiros nin as tarxetas. 

O motivo é a exclusión financeira que sofre a xente maior.

Xulio cre que estas medidas agochan a necesidade imperiosa que, segundo di, ten a banca de enriquecerse.

No local hai fotos doutras mobilizacións nas que participou esta asociación de xubilados; con 300 membros é unha das máis activas e reivindicativas que hai en Galicia. Todos os seus socios comparten o cansazo e o desacougo que senten polo trato que reciben dos bancos.

Ademais de nesta xornada, piden que o 5 de marzo tampouco se empreguen os caixeiros automáticos nin as tarxetas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade