Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada de preparación dos capóns de Vilalba para a feira

Xornada de preparación dos capóns de Vilalba para a feira

Os criadores dedican toda a xornada a adecentar os animais

Este ano os prezos subiron polos custos de alimentación

G24.gal 19/12/2022 13:51

Para enviar por toda España ou para levar á feira do mércores, os criadores de capón dedican esta xornada a preparar e, sobre todo, a dar o mellor aspecto posible aos animais que se van consumir en Noiteboa. É a culminación dun traballo que comezou no mes de xuño coa chegada dos capóns, que os estiveron cebando ata esta mesma mañá.

O capón, un artigo de luxo, non escapa da inflación. A fariña de millo coa que se ceban subiu moito de prezo, e iso reflíctese na cotización dos animais. Así, os mellores exemplares poden acadar un prezo de ata 140 euros fronte aos 120 que tiñan o ano pasado. A media situarase arredor dos 115 euros. Con todo, a maioría dos criadores xa teñen vendida toda a produción.

Os capóns teñen un peso mínimo de cinco quilos e os de máis tamaño poden chegar ata os sete. Sen dúbida, un manxar abondoso e cun sabor moi especial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade