Xornada de praia nas Rías Baixas e de moita calor no interior
En Ourense as temperaturas chegaron aos 33 graos
Nalgunhas zonas de Galicia viven estes días unha sorte de verán adiantado. En Ourense quedaron as portas dos 33 graos, unha temperatura moi similar a rexistrada noutras localidades da provincia como Leiro ou Arnoia. 31 graos houbo en Vilamartín de Valdeorras ou Castrelo de Miño.
"Aquí, chégalle ben, isto é un forno, xa o sabemos todos". "Estas temperaturas tiñan que ser en xullo ou en agosto". "Colleunos un pouco de imprevisto." Comentan os ourensáns.
Foi a de hoxe unha xornada moi calorosa, especialmente no interior, pero é que nalgunhas zonas de costa como por exemplo as Rías Baixas, puideron gozar dun fermoso día de praia.
"A auga está fría, pero pasear está mellor ca no verán". "Nin o Caribe nin por aí fóra, estamos aquí encantados". "Hai que bañarse, tomar o refresco, e así se pasa unha fin de semana aquí en Cangas, por exemplo", din algúns bañistas.
As temperaturas irán baixando progresivamente nos vindeiros e só Ourense seguirá rexistrando máximas por riba dos trinta graos.