Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada de frío e xeadas nas comarcas do interior

Xornada de frío e xeadas nas comarcas do interior

Oito graos baixo cero en Calvos de Randín

Xeadas e néboas cubriron Lugo e Ourense

G24.gal 15/01/2022 20:26

Con sete graos baixo cero, a de Muíños foi unha das temperaturas máis baixas de Galicia na pasada noite tan só superada polos menos oito de Calvos de Randín. Un frío extremo ao que os veciños desta comarca da Baixa Limia xa case non estaban afeitos logo dun comezo do inverno marcado polas temperaturas moderadas.

A xeada cubriu case a totalidade das provincias de Lugo e Ourense e non marchou das zonas de sombra. Seis baixo cero foi a temperatura en lugares como Cospeito ou Sarria onde é pouco habitual tanta friaxe. A néboa tamén fixo acto de presenza nas contornas dos ríos aumentando a sensación de frío.

Para mañá agárdase un tempo solleiro e unha suba tanto das temperaturas mínimas como das máximas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade