Xornada de esixencia para os galegos da 1ª RFEF lonxe da casa
O Deportivo abre a xornada en Sabadell
O Arenteiro visita en León á Cultural (20:00nh G2 e G24)
O Celta Fortuna enfróntase co Osasuna Promesas en Tajonar (domingo 12:00 h G2 e G24)
O Lugo pecha a xornada mañá pola tarde en Majadahonda
Esta fin de semana faltará a calor máis próxima da afección. Sabadell, León, Pamplona e Majadahonda porán a proba estados de forma e de ánimo. O do Arenteiro, no primeiro partido que vermos na G2, é óptimo tras o triunfo ao límite da pasada fin de semana. Hoxe, ás oito, visitará a unha Cultural Leonesa.
A segunda cita na nosa canle será mañá ao mediodía. Duelo de filiais. No Tajonar, o Oassuna B recibe a un Celta B que vén darse unha homenaxe fronte ao Real Unión.
Por orde cronolóxica, o primeiro en competir será o Deportivo. Quen diría que Un Sabadell-Dépor da novena xornada se disputaría cos dous conxuntos en posición de descenso. Na Nova Creu Alta, Idiakaz agarda que regrese o talento ofensivo e que non sexan os defensas os que salven os mobles.
A mellora do Lugo é evidente e tratará de ratificala no encontro que pecha a xornada para os nosos. Xoga no campo do Raio Majadahonda. Munitis quere un Lugo abnegado na defensa e atrevido na ofensiva.
Volver á casa coa maleta chea de puntos é o obxectivo na xornada máis viaxeira dos galegos da Primeira Federación.