Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activado o aviso vermello por risco de desbordamentos en ríos de Fene, Coirós e Redondela

Activado o aviso vermello por risco de desbordamentos en ríos de Fene, Coirós e Redondela

Os ríos en aviso vermello son o Mandeo en Coirós, o Cádavo en Fene eo Cabeiro en Redondela

No concello de Neda desbordaron simultaneamente tres ríos

Xornada de aviso amarelo por vento na costa e chuvia xeneralizada en toda Galicia

Dous voos desviados de Vigo a Santiago por mala visibilidade

Neda, tras os aumento de nivel dos ríos Belelle e Basteiro. EFE/Kiko Delgado
G24.gal 16/02/2026 08:19 Última actualización 16/02/2026 20:00

A Xunta mantén activo o Plan Especial ante o risco de inundacións (Inungal), en fase de preemerxencia, co río Mandeo (Coirós), o Cádavo (Fene) e o Cabeiro (Redondela) en nivel vermello.

Ademais, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, hai outros cursos en nivel laranxa por superar os seus niveis habituais e que, por tanto, presentan un risco elevado de desbordamentos nas súas marxes.

En concreto, na provincia da Coruña, atópanse en nivel laranxa os ríos Balsa (Cabana de Bergantiños), Barcés (Abegondo), Condomiñas (Cedeira), Mandeo (Aranga), Mendo (Betanzos), Mera (Ortigueira), Mero (Cambre), Rego das Mestas (Valdoviño), Tambre (Oroso), Valiñas (Culleredo) e Cambeda (Vimianzo).

Mentres, en Pontevedra presentan niveis superiores aos habituais o Baixo Umia (Ribadumia), Gallo-Umia (Cuntis), Lerez (Pontevedra), Miñor (Gondomar) e Lagares-Cabral (Vigo); e na provincia de Ourense o río Miño ao seu paso pola capital.

A situación é especialmente crítica en Neda, co concello en estado de alerta. O desbordamento simultáneo dos ríos Belelle, Basteiro e Castro asolagou terreos e comezado a alcanzar vivendas en zonas como As Augas.

Ante o perigo inminente, o Goberno local cortou os accesos rodados a este núcleo e solicitou a Augas de Galicia a retirada urxente de maquinaria pesada nas obras do represa do muíño do Carballo para evitar que sexa arrastrada pola corrente.

EFE/Kiko Delgado EFE/Kiko Delgado

Infraestruturas e zonas recreativas

En Valdoviño, a seguridade viaria viuse comprometida, obrigando ao peche do tráfico na estrada paralela ao río San Vicente, en Meirás, debido a que a auga invade a calzada. Así mesmo, a Dirección Xeral de Emerxencias mantén o foco no río das Mestas ao seu paso por Vilarrube, onde se activou a fase de preemerxencia.

Os efectos do temporal tamén son visibles nos espazos públicos. Así, en Neda, a área recreativa da Cobeluda quedou totalmente mergullada baixo o río Castro, mentres que noutros puntos da comarca, localidades como Mugardos e Fene tamén rexistran inundacións en puntos baixos e garaxes.

Mentres, na demarcación da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, a situación está normalizada, coa maior parte dos leitos dos ríos en nivel verde, e só queda un punto de control en nivel laranxa: trátase do río Miño ao seu paso por Ourense.

Xornada de aviso amarelo por vento na costa e chuvia xeneralizada en toda Galicia

A chuvia non dá tregua. Este luns hai activado un aviso amarelo en toda a costa galega por vento e ondas de ata sete metros.

A presenza de néboa no aeroporto vigués de Peinador obrigou a desviar a Santiago de Compostela o voo Madrid-Vigo que tiña que aterrar ás 09:45 horas. A mala visibilidade tamén afectou o voo das 11:45, que igualmente tivo que ser desviado á Lavacolla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade