Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de altas temperaturas en toda Galicia

Xornada de altas temperaturas en toda Galicia

Oscar achégase e deixará precipitacións nas catro provincias galegas a partir do mércores

G24.gal 06/06/2023 14:53

É o primeiro efecto da borrasca Oscar en Galicia. Un ascenso das temperaturas que invade ata as comarcas do norte da comunidade. A suba das máximas é significativa. Chegarán aos 30 graos en Lugo e a 27, por exemplo, en Pontedeume.

Na provincia de Ourense o mercurio pasará dos 30 graos. Onde máis se nota o contraste, na costa atlántica. Pode oscilar seis ou sete graos en 24 horas. Onte na Coruña chegaron aos 20. Hoxe 26. Rozando os 30 en Ferrol.

A calor acompaña ao aire libre, nos paseos e nas terrazas.Nas Rías Baixas, Pontevedra pasará dos 23 graos rexistrados onte aos 29, e dos 22 aos 27 en Vigo. 

Temperaturas que na costa invitan á praia, e mesmo a atreverse cun baño.Pero a calor será só cousa de horas. Mañá as temperaturas caen por debaixo dos 25 graos en toda Galicia.

Oscar achégase e deixará precipitacións nas catro provincias galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade