Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoán Carlos I ante o reencontro coa súa familia: "Pregunta ti. Eu estou aquí, en Sanxenxo"

Xoán Carlos I ante o reencontro coa súa familia: "Pregunta ti. Eu estou aquí, en Sanxenxo"

Resolveu as cuestións dos xornalistas con rapidez, e sinalou que na visita ao seu neto foi "todo estupendo"

Reencontro de Filipe VI co seu pai o luns tras dous anos de distanciamento

Feijóo defende a visita dedon Xoán Carlos e lamenta que se use para "erosionar"

Xoán Carlos I no Náutico
G24.gal 22/05/2022 11:56 Última actualización 22/05/2022 17:15

Xoán Carlos I atendeu de xeito breve a prensa sobre as ganas de ver a súa familia tras dous anos de residencia en Abu Dhabi, ao que respondeu: "Pregunta ti, pregunta ti".

Esta foi a afirmación coa que contestou a un dos xornalistas que lle preguntou polo asunto, que resolveu de xeito cortante: "Eu estou aquí, en Sanxenxo". Acto seguido, pechou o asunto cun xesto coa man.

Xoán Carlos I visita esta fin de semana a vila das Rías Baixas para participar nun trofeo de regatas na súa primeira viaxe a España desde a súa saída ao estranxeiro, perseguido polas polémicas polos seus negocios e a comisión de supostas irregularidades.

Tamén lle preguntaron á súa chegada este domingo ao Náutico pola visita que lle realizou ao seu neto, Pablo Urdangarin, para velo xogar ao balonmán en Pontevedra. "O meu neto está moi ben", respondeu e, nese sentido, foi "todo estupendo".

Este domingo ten previsto participar coa súa embarcación o Bribón 500 na última xornada da regata e tamén será o seu último día en Galicia antes de dirixirse a Madrid para manter un encontro privado coa familia real.

Feijóo defende a visita e lamenta que se use para "erosionar"

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este domingo a visita de Xoán Carlos I a España e lamentou que haxa quen queira utilizar esta cuestión "como coartada para erosionar a Constitución española e a xefatura do Estado".

Feijóo atendeu aos medios á súa chegada ao Congreso do PPdeG, e sostén que coa visita, "o rei está a facer o que lle corresponde, de acordo cos seus dereitos e liberdades".

Mantén o líder do PP que "non parece razoable" seguir a cuestionar que "un cidadán que non ten causa pendente algunha e que ademais foi rei de España durante varias décadas, visite o seu país".

Cre que esta cuestión só é utilizada polos que "queren cuestionar a xefatura do Estado". reprochou que se estea a perder tempo con esto e que "o rei vai vir a España cando o considere oportuno", e que se decide facelo a Galicia, a comunidade seguirá a ser para el "unha terra de acollida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar