Cargando resultados...
Filipe VI e o seu pai reencóntranse o luns tras dous anos de distanciamento
G24.gal
22/05/2022 13:30
O rei Xoán Carlos completa este domingo a súa cuarta xornada en Galicia. Desde a súa chegada o xoves pola tarde tivo unha axenda social máis ampla do que moitos agardaban.
Puidemos velo no porto deportivo e esta fin de semana a bordo do Bribón. Aínda que fose fóra de competición, puido saír ao mar.
O sábado, despois de navegar, desprazouse ata Pontevedra para ver o partido de balonmán en que xogaba o seu neto, Pablo Urdangarin.
Tras estes catro días en Galicia, Xoán Carlos I desprazarase a Madrid para manter un encontro privado co rei Filipe VI e outros membros da familia real.