Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xinzo de Limia e Verín rexistran temperaturas inferiores aos -8 ºC

Xinzo de Limia e Verín rexistran temperaturas inferiores aos -8 ºC

Calvos de Randín e Baltar (en Ourense) ou Lalín (en Pontevedra) estiveron entre -6,8 °C e -5,7 °C

G24.gal 28/01/2022 10:04

O descenso nas temperaturas mínimas en zonas do interior de Galicia fíxose notar este venres, especialmente na provincia de Ourense, onde as estacións meteorolóxicas en Xinzo ou Verín chegaron a marcar valores inferiores aos -8 °C. 

Segundo os datos publicados por Meteogalicia, á primeira hora da mañá deste venres, a estación de Xinzo de Limia alcanzou unha temperatura mínima de -8,5 °C; mentres que a estación de Vilela en Verín chegou aos -8,1 °C.

Estes valores supoñen descensos de máis de dous graos con respecto ás marcas de primeira hora do xoves. Na mesma liña, os valores mínimos dos termómetros noutros municipios como Calvos de Randín e Baltar (en Ourense) ou Lalín (Pontevedra) estiveron entre -6,8 °C e -5,7 °C.

Estas estacións de medición están situadas a unha altitude inferior a 900 metros. Con respecto ás situadas por encima dese nivel, as temperaturas mínimas non variaron demasiados nas últimas horas, e situáronse na contorna dos 0 °C, oscilando entre os -1 º C do Invernadoiro (Vilariño de Conso, Ourense) e os 0,2 °C de Navia de Suarna (Lugo).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos