Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xincana en Lugo para atopar 50 décimos do sorteo de Nadal agochados pola cidade

Xincana en Lugo para atopar 50 décimos do sorteo de Nadal agochados pola cidade

Un loteiro agocha desde hoxe ata o domingo uns 50 décimos para regalarlles aos veciños que os atopen

Unha iniciativa que xurdiu tras a pandemia para que os veciños recuperasen a ilusión tras as restricións e que hoxe é xa unha tradición
 

G24.gal 17/12/2025 14:20

En Lugo arrancou a xincana na busca de décimos de lotaría pola cidade. Un loteiro agocha desde hoxe ata o domingo uns 50 décimos para regalarlles aos veciños que os atopen. Este ano os 50 boletos estarán repartidos só polo barrio de San Antonio, onde xurdiu a iniciativa.

"É doado porque nas pistas hai edificios e casas emblemáticas, o barrio da moito xogo", explica Fernando Toubes, loteiro e promotor da xincana.

Faino el mesmo cada día coa complicidade da noite. A iniciativa atrae a grandes e pequenos... todos queren facerse cun dos boletos. 

 "Está moi ben a iniciativa participan todos", conta unha muller.

Esta peculiar xincana na busca do décimo do sorteo de Nadal é xa unha tradición na cidade. A iniciativa desta libraría nacía tras a pandemia para que os veciños recuperasen a ilusión tras as restricións.

 "O titulo de soño de María é porque María somos todos, cando había restricións foi ilusionante, a avoa María, a nai, a moza universitaria que estaba aquí a primeira hora en busca de pistas, non temos que esquecer de onde vimos", comenta Fernando Toubes.

A busca é intensa pero en todas as edicións sempre houbo algún que non atoparon. Eses van para as organizacións benéficas, porque xa o di o anuncia o importante da lotaría de Nadal é compartila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade