Publicador de contidos

Publicador de contidos

O percebe do Roncudo, o "ouro negro" da Costa da Morte, podería alcanzar os 300 euros se non mellora o tempo

O percebe do Roncudo, o "ouro negro" da Costa da Morte, podería alcanzar os 300 euros se non mellora o tempo

Teñen permitido extraer 6 quilos por percebeiro, e poucos lograron coller o tope, pero están satisfeitos co resultado

Unha ducia de percebeiros traballaron nas rochas do Faro do Roncudo
G24.gal 17/12/2025 13:28

Aínda non abrira o día cando os percebeiros de Corme se preparaban para baixar ás rochas á busca do prezado ouro negro. Neopreno, ferradas, mandileta e mochila é todo o seu equipamento.

Teñen permitido traballar hora e media antes de que baixe a marea e outra hora cando sobe. A priori a xornada non se presentaba moi produtiva, polas condicións do mar e por como cadran as mareas.

Teñen permitido extraer 6 quilos por percebeiro. É a campaña máis importante do ano para o sector.

Poucos lograron coller o tope, pero están satisfeitos co resultado e son optimistas canto ao prezo que pode alcanzar. Neste primeiro día calculan que andará entre os 120-150 euros o quilo.

Mañá chegarán aos mercados os primeiros percebes do Roncudo da temporada. Prevén que nos próximos días poida chegar aos 300 euros o quilo se o tempo non mellora, porque o produto será escaso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade