Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desvían o tránsito entre Maside e Dozón na A-52 por obras un viaduto

Desvían o tránsito entre Maside e Dozón na A-52 por obras un viaduto

As obras na ponte do Barbantiño prologaranse durante catro días

G24.gal 06/07/2026 15:51

As obras no viaduto do Barbantiño, na autovía Dozón-Ourense obrigan desde este luns a circular un tramo pola estrada nacional. 

Serán catro xornadas de peche diurno na autovía para poñer a proba unha megaestrutura de case cen metros de altura, antes de iniciar unhas obras de reforzo, que supoñen un investimento de máis de dous millóns e medio de euros.

Actuarase no taboleiro e noutros elementos da estrutura para garantir a súa conservación e prolongar a súa vida útil. Ao ser un taboleiro único, o corte ten que ser total entre Maside e a A-52.

Para estas catro xornadas deseñáronse itinerarios alternativos para tratar de causar o menor trastorno posible entre os condutores que empregan a autovía, en especial os profesionais.

O desvío, duns dez minutos máis de viaxe, faise polas nacionais 541 e 120.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade