Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poucas capturas e prezos estables na volta do polbo, a nécora, o camarón e o lumbrigante

Poucas capturas e prezos estables na volta do polbo, a nécora, o camarón e o lumbrigante

Despois de varios meses de veda regresan aos mercados

​​​​​
 

O polbo levaba dous meses en paro biolóxico
G24.gal 02/07/2026 14:31

"Había ganas, claro que si, o polbo hai que comelo si ou si", conta unha señora

Despois de dous meses de paro biolóxico había ganas de  polbo

 "Nótase porque viñeron preguntando toda a mañá polo polbo", apunta Darwin Núñez da peixería Galimar

 "Trouxen 15 quilos, sobre 15 quilos 20 quilos, pero non durou nin unha hora", engade Bartolo Fernández da peixería Bartolo

Estes que onte estaban chegando a porto son os  que puidemos ver hoxe nas bancadas das peixerías. As capturas o primeiro día foron escasas.

"Porque empezamos o día 1 e hoxe estamos a día 2. Mañá poderá haber un pouquiño máis e cada vez que imos tirando a máis, máis cantidade han de coller. Non poden poñer as nasas no mar hoxe e xa quitar polbo, hai que darlles tempo", explica Bartolo

E o polbo non chegou só. Canda el volveron os lumbrigantes, as nécoras e o camaróns. Aínda que tampoco houbo moita cantidade

 "Ando buscando nécora pero non hai, non atopo porque parece ser, contábame Nati que fixo moito nordés onte e que non entraron apenas 3 quilos na lonxa de Rianxo, entón non hai unha soa nécora hoxe", lamenta un cliente

Os prezos, en xeral similares aos que tiñan antes de empezar a veda. De media, 18, 19 euros o polbo, 24 a nécora e sobre 50 o lumbrigante. Para o camarón haberá que agardar a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade