Publicador de contidos

Publicador de contidos

En que gastamos realmente os cartos os galegos?

En que gastamos realmente os cartos os galegos?

Máis alá da hipoteca e da cesta da compra, hai gastos que nos sorprenden

Galicia é a segunda comunidade con maior gasto en ocio, tabaco e alcol

G24.gal 17/12/2025 14:44

No 2023 o gasto medio por galego foi algo máis de 13.500 euros, por riba da media estatal. Segundo o INE, o maior desembolso concéntrase na vivenda, seguida da alimentación. 

Porén, Galicia destaca especialmente noutras partidas como o ocio, a cultura, produtos para a saúde e tamén en alcol e tabaco. 

Aínda que o gasto en alcol e tabaco supón unha pequena porcentaxe do total, Galicia é a segunda comunidade co gasto máis alto por detrás de Aragón. 

Ademais Galicia ocupa o terceiro lugar en gasto mobiliario e transportes e o cuarto en roupa e calzado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade