Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ximo, baixa por unha lesión no isquiotibial dereito

Ximo, baixa por unha lesión no isquiotibial dereito

O lateral sofre unha lesión no tendón proximal do isquiotibial da perna dereita

"Estará uns días con tratamento médico"

A evolución do xogador marcará a súa volta ao céspede 

G24.gal 09/10/2025 12:39

Ximo Navarro pediu o troco na segunda metade do partido contra o Almería o pasado sábado tras sufrir unhas molestias na perna dereita. Tras as probas, os servizos médicos do Deportivo confirmaron que se trata dunha lesión no tendón proximal do isquiotibial da perna dereita.

O Deportivo non concreta os días que o andaluz estará afastado dos terreos de xogo. Segundo o propio informe, Ximo "estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de comezar a súa fase de readaptación física". A evolución do xogador marcará a súa volta aos adestramentos co grupo. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade