Xeadas e temperaturas baixo cero na provincia de Ourense
Xeadas e temperaturas baixo cero na provincia de Ourense
En Baltar contra as 8:30 horas da mañá os termómetros caeron por baixo dos seis graos negativos
Hoxe o frío que estamos a padecer estes días en Galicia estendeuse cara ao norte. En Lugo amenceron tamén baixo cero pero, un día máis, as temperaturas máis baixas de toda a comunidade rexistráronse no sur de Ourense.
En Baltar contra as 8 e media da mañá os termómetros caeron por baixo dos seis graos negativos, e así levan días, rexistrando a temperatura máis baixa de Galicia. Sorte que o sol acompaña dende ben cedo, e iso fai que a sensación de frío sexa menos intensa.
Pero se falamos de baixas temperaturas, son moitas as localidades da provincia que quedaron nas últimas horas entre os -4 e os -6 graos. É o caso da Mezquita, A Veiga, Xinzo ou Verín, por exemplo, onde tamén viviron unha madrugada xélida.
O frío seguirá presente nos vindeiros días mesmo coa posibilidade de que de cara a mañá volvan tamén a chuvia e a neve.