Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xavi Torres: "Estamos feridos, co orgullo tocado"

Xavi Torres: "Estamos feridos, co orgullo tocado"

O Lugo leva sete xornadas sen gañar

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 20/10/2022 15:18 Última actualización 20/10/2022 15:29

Hoxe falou un dos capitáns do Lugo, Xavi Torres. Unha das voces autorizadas do vestiario, e que analizaba a necesaria reacción que os albivermellos deben experimentar para saír da zona de perigo da táboa clasificatoria. O centrocampista valenciano atendía os medios de comunicación a tres días do encontro desta xornada fronte ao Burgos. O Lugo leva sete xornadas sen gañar e xa hai présa por cambiar esa serie de malos resultados:

"Temos que cambiar esta dinámica canto antes. Estamos feridos, co orgullo tocado"

Torres subliña a importancia que o papel da afección terá no resultado do encontro:

"Os resultados e a dinámica última non é a esperada. Son cousas que poden pasar, estamos a traballar para superalo rápido. Temos a oportunidade de mellorar esta semana, creo que non estamos a facer tan mal as cousas"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar