Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xavi Torres é autocrítico pero optimista co xogo do Lugo

Xavi Torres é autocrítico pero optimista co xogo do Lugo

"Non sei desconectar en casa. A miña muller xa me coñece. Xa lles pedín perdón aos meus compañeiros (penalti ante o Albacete)"

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 24/08/2022 16:41 Última actualización 24/08/2022 16:46

O centrocampista do Lugo Xavi Torres dixo este mércores que o Leganés, ao que recibirá o sábado no Anxo Carro, segue sendo un dos "gordos" de LaLiga SmartBank a pesar de iniciar o campionato con dúas derrotas.

"O Leganés é un equipo forte, dos gordos da categoría. Non empezou ben, non vai ser un partido para nada fácil, pero no noso estadio e coa nosa xente ímosllo poñer moi difícil. Estou convencido", comentou nunha conferencia de prensa.

O veterano futbolista advertiu de que o Lugo atópase inmerso nunha "fase de adaptación" ás ideas do novo adestrador, Hernán Pérez.

"O camiño é longo, pero os pasos que estamos a dar son os correctos e estou convencido de que imos pola senda boa", sostivo.

"Non sei desconectar en casa. A miña muller xa me coñece. Xa pedín lles perdón aos meus compañeiros (penalti ante o Albacete)".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade