Publicador de contidos

Xavi Hernández asina como adestrador do Barça

Xavi Hernández asina como adestrador do Barça

O contrato ten unha vixencia de tres tempadas

G24.gal 06/11/2021 06:48

O Barcelona confirmou esta noite a contratación de Xavi Hernández como novo adestrador do primeiro equipo de fútbol. O contrato é para o que queda de tempada e outras dúas máis.

Xavi substitúe ao holandés Ronald Koeman, cesado o pasado día 27 trala derrota fronte ao Rayo Vallecano. Con 41 anos, regresa ao equipo co que triunfou como xogador e da que marcara hai 6 anos e medio.

Nos últimos 5 anos xogou primeiro, e adestrou logo, o Al Sadd, un equipo de Qatar.

Xavi non estará no banco do Barça hoxe en Balaídos, será o derradeiro labor de Sergi Barjuán como adestrador. Isto comentaba sobre a chegada do seu substituto.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar