Xavi considera "unha final" o partido contra o Porto

O Barcelona precisa un bo resultado para non complicar a clasificación no seu grupo da Champions

O Atlético tamén pode certificar o pase aos oitavos diante do Feyenoord

G24.gal 27/11/2023 20:02

Este martes hai Champions e xoga o Barça. O partido ante o Porto en Montjuic é clave para as opcións de clasificarse para oitavos do equipo de Xavi. Unha vitoria ante os portugueses daría o pase case seguro como primeiro de grupo, pero unha derrota podería poñer en apuros o combinado blaugrana.

Hai moitas opcións posibles pero o bo é que o Barcelona depende de si mesmo para certificar esa clasificación. Xavi séntese apoiado por Laporta e pensa no duelo de mañá como unha auténtica final.

Todo por decidir tamén no grupo do Atlético de Madrid, que este martes ten unha oportunidade de ouro nas súas aspiracións europeas ante o Feyenoord. Se gaña, pasa a oitavos.

Os de Simeone lideran o grupo con oito puntos, os neerlandeses son terceiros con seis e no medio a Lazio ten sete, todo moi apertado. O Atlético chega ao encontro en boa dinámica tras sumar tres vitorias consecutivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar