Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen unha quinta persoa polo asalto violento a unha vivenda de Lobios

Deteñen unha quinta persoa polo asalto violento a unha vivenda de Lobios

O último é o informático do concello de Xinzo onde a Garda Civil tamén fixo rexistros e comisaron documentación

Están detidos pola súa presunta implicación no asalto violento de Lobios hai un mes

Esta tarde está previsto que pasen a disposición xudicial en Bande

G24.gal 20/02/2025 14:28

Xa son 5 os detidos na operación que a Garda Civil está a desenvolver en Ourense e Xinzo de Limia. A investigación diríxea o xulgado de Bande, e aí está previsto que esta tarde pasen a disposición xudicial.

Os axentes da Garda Civil rexistraron a fondo a vivenda do informático do Concello de Xinzo, o garaxe e outra casa familiar. Buscaban probas da súa presunta implicación en, mínimo, un asalto violento. Tamén requisaron documentación do seu despacho na casa consistorial.

Dende o grupo de goberno de Xinzo queren mandar esta mensaxe de tranquilidade despois da detención deste traballador que manexaba información sensible do Concello.

O informático do Concello de Xinzo foi, polo momento, o último detido nesta operación da Garda Civil que se iniciou hai un mes tras o asalto a un empresario da construción na súa casa de Lobios, ao que deixaron gravemente ferido para roubarlle diñeiro.

Os cinco detidos en Xinzo e en Ourense pasan esta tarde a disposición xudicial no xulgado de Bande. A operación segue baixo segredo de sumario e aberta, investigan se esta presunta banda criminal ten relación con outros roubos ou co tráfico de drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade