Xa son 286 as persoas que chegaron en caiuco ás Canarias en menos de 24 horas
A quinta embarcación apareceu nesta tarde de nadal na illa de Gran Canaria

Outros 46 inmigrantes chegaron na tarde deste luns nun caiuco ao porto de Arguineguín, en Gran Canaria. É a quinta embarcación deste tipo que alcanza as costas canarias en menos de 24 horas, e eleva o número de persoas que arribaron ás illas nas últimas horas a 286.
Segundo informaron a EFE fontes de Cruz Vermella e Salvamento Marítimo, a Salvamar Macondo atopou o caiuco a uns 27 quilómetros ao sur de Gran Canaria.
A Salvamar escoltou a embarcación ata o porto grancanario. Tras desembarcar, os seus ocupantes foron atendidos por efectivos de Cruz Vermella.
Un deles foi derivado a un centro sanitario.
Nos outros catro caiucos chegados nas últimas horas viaxaban 240 persoas de orixe subsahariana, entre elas catro mulleres e un menor de idade.
Unha das embarcacións chegou á illa Tenerife e tres á do Ferro.