Publicador de contidos

Publicador de contidos

A USC quere ter en marcha o novo Centro de Ciencias da Saúde antes de catro anos

A USC quere ter en marcha o novo Centro de Ciencias da Saúde antes de catro anos

A sede albergará as facultades de Farmacia e Enfermería

G24.gal 29/11/2022 13:32

Un orzamento de case 30 millóns de euros permitirá a edificación do novo Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Santiago. A el vanse trasladar dúas das titulacións máis emblemáticas do campus compostelán.

O proxecto presentábase este martes na sede do reitorado, no pazo compostelán de San Xerome, pero ese centro vaise construír no Campus Sur, xusto en fronte da avenida de Barcelona e moi preto co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Cóntase con ter listo xa un proxecto de execución nun prazo de dezaoito meses.

"A ver se no curso 2025-2026 tivésemos alí funcionando a Facultade de Farmacia, que é o obxectivo -como acaban de ver- número un", explicou Antonio López, reitor da USC.

A edificación vai constar de catro módulos que van albergar as facultades de Farmacia e Enfermería, e tamén laboratorios de investigación biomédica.

O proxecto destaca pola súa integración na paisaxe. Vai contar con instalacións de aerotermia, solares, fotovoltaicas e mesmo cunha central de biomasa, co obxectivo de conseguir a autosuficiencia enerxética.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade