Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa hai menos de 600 persoas hospitalizadas en Galicia, mentres seguen diminuíndo os casos activos

Xa hai menos de 600 persoas hospitalizadas en Galicia, mentres seguen diminuíndo os casos activos

As áreas sanitarias de Ourense e Lugo son as únicas que aumentan o número de persoas coa infección activa

O Sergas notificou cinco novos decesos por mor da covid–19

Jessica Fernández 17/02/2022 10:25

Os casos activos seguen baixando (-784) e deixan 33.355 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios mantéñense case igual respecto a onte e rexístranse 2.455 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 7.284 (-273)

Vigo: 7.025 (-311)

Ourense: 3.707 (+59)

Santiago: 5.871 (-159)

Lugo: 3.611 (+10)

Pontevedra: 3.732 (-86)

Ferrol: 1.728 (-23)

Canto á presión hospitalaria, esta continúa diminuíndo tanto nas UCI (-1) coma en planta (-25), e baixan os ingresos dos 600. En total, hai 598 hospitalizacións, 36 e 562 respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou cinco decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.061 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade