Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa hai escaseza de vivendas turísticas para o verán na Costa da Morte

Xa hai escaseza de vivendas turísticas para o verán na Costa da Morte

Moitos aloxamentos de Corcubión, Fisterra ou Laxe colgaron o cartel de completo para xullo e agosto

G24.gal 29/06/2022 18:20 Última actualización 29/06/2022 18:54

Non só das Rías Baixas vive o visitante.

Ás portas dos meses fortes do verán xa hai escaseza de vivendas turísticas na Costa da Morte. 

Particularmente para a primeira quincena de agosto, localidades coma Corcubión, Fisterra ou Laxe teñen colgado o cartel de completo en moitos aloxamentos. 

Contra o clásico costume de reservar por meses, agora a tendencia semella ser alugar por días. Desta maneira os propietarios sacan maior rendemento. 

Por exemplo, en Laxe un ático con vistas á praia para tres persoas anda polos 150 euros ao día. Un exemplo máis da demanda nesta costa.

Apuntan tamén na Costa da Morte que a oferta é menor, xa que moitos dos que antes viñan de vacacións acabaron optando por mercar vivenda como segunda residencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade