Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os máis cativos abren a Festa da Dorna en Ribeira

Os máis cativos abren a Festa da Dorna en Ribeira

Unha trintena de gupos, moitos de Ribeira, porán música a estas festas

Hoxe o protagonismo era para o máis cativos co Maratosón Infantil

G24.gal 21/07/2023 14:42

Tranquila, moi tranquila, espertaba hoxe Ribeira. Postos da festa e palco da música pechados. Pero pronto empezarán a espertar os dorneiros, sobre todo os máis novos. Segundo Jota, vicepresidente da Confraría da Dorna, está ben que aos nenos se lles inculque o sentimento por esta festa desde pequenos.

Eles son os protagonistas esta mañá coa Maratosón infantil das Festas da Dorna. Unha carreira por establecementos da vila, na que teñen que ir superando probas.

Os maiores tamén van comezando pouco a pouco a entrar en calor... Coa chegada da fin de semana son moitos os ribeirenses que poderán gozar máis e mellor desta Festa da Dorna.

Este ano, as festas terán moita música tamén. Ademais, desde a organización das festas destacan que este ano moitos dos gupos convidados serán da zona. 

Por suposto, non poden faltar as embarcacións tradicionais. Evitar que unha embarcación que axudou tanto unha vila como Ribeira desapareza é unha das finalidades desta festa.  Por iso, dornas e outras embarcacións tradicionais teñen o seu protagonismo o sábado.

A Festa da Dorna aínda ten que chegar ao seu día grande, que será o 24, pero todos teñen claro que hai que vivila con sentidiño. Así que, todos preparados e quentando motores para vivir un ano máis a Festa da Dorna.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar