Cargando resultados...
X. M. Budiño: "As cancións teñen vida propia e van mudando coas reaccións do público"
Branca Vela é o segundo álbum vocal de Budiño, tras máis de dúas décadas como instrumentista
Guadi Galego, De Vacas, Leilía, Antía Otero e Manuel Rivas son algúns dos convidados deste disco
Xosé Manuel Budiño presenta 'Branca Vela'
G24.gal
09/05/2023 16:32
Última actualización 09/05/2023 17:20
Do Budiño de Paralaia, aquel mítico disco do ano 97, queda a música da gaita, pero, segundo el dixo, non o gaiteiro, ou non só o gaiteiro. O seu último disco é unha auténtica fantasía musical. Volve con todo, coa voz, coas composicións, cun tratamento sonoro e estilistico vizoso e con moita e boa compañía.