Publicador de contidos

Publicador de contidos

WhatsApp permitirá saír dos grupos en silencio

WhatsApp permitirá saír dos grupos en silencio

Os abandonos dos participantes só se notificarán aos administradores dos chats grupais

G24.gal 19/05/2022 14:47

A plataforma de mensaxería instantánea WhatsApp estuda habilitar unha función para permitir abandonar os grupos sen que os demais participantes se decaten. 

Segundo a aplicación, que a fuxida se faga de xeito silencioso vai beneficiar a comunidade de usuarios, dado que se viñan manifestando queixas por, digamos, situacións incómodas producidas ao saír das conversas. Só a persoa ou persoas que leven a administración dos grupos recibirán a notificación dos abandonos. 

Xa que usamos o móbil para case todo aumentan os grupos de conversas en que participamos.  Os chats grupais poden acabar sendo unha molestia porque esixen atención constante e respostas inmediatas. Saír deles tamén pode ser un problema.

Para superar esa dependencia, o primeiro é desatender o móbil e priorizar as emocións propias. Desde que o uso das redes sociais é intensivo, os cadros de depresión e de ansiedade aumentaron un 70 % nas consultas dos especialistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade