Publicador de contidos

Publicador de contidos

Whalley "O punto é un bo resultado contra un rival directo"

Whalley "O punto é un bo resultado contra un rival directo"

O gardameta aragonés regresaba á titularidade máis de dous meses e medio despois

G24.gal 27/11/2021 09:49

Trala igualada a un tanto colleitado polo Club Deportivo Lugo en Santo Domingo, un dos protagonistas era o porteiro Óscar Whalley, que regresaba ó once inicial tras moitas xornadas mancado. Con él conversou na zona mixta o enviado especial da Radio Galega, Andrés Vieites.

"Todo este tempo estiven no ximnasio, cos fisios, readaptadores, poñendo a punto todo para regresar cando tivese que pasar. Atopeime ben. É un bo resultado porque é  un rival directo, deixámolos sen sumar de tres, nós sumamos"

Whalley tamén se quixo referir ao transcurso do encontro, no que o conxunto madrileño empatou o tanto inicial de Xavi Torres dende o punto de penalti.

"Eles tamén xogan. Meteron un gran gol, con gran centro e remate. Logo o seu porteiro, Dani, amosou o bo porteiro que é e sacou dúas grandes mans. No final apretaron arriba porque están necesitados e tiñamos que aguantar"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos