Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volver ao equilibrio orzamentario, por Venancio Salcines

Volver ao equilibrio orzamentario, por Venancio Salcines

Bruxelas quere volver no 2024 ás regras fiscais que rexían para os estados antes da COVID

G24.gal 09/03/2023 07:47

O ano que vén, o vinte e catro, é observado como o da normalidade, e esta non só se mide en termos de saúde, tamén se observa no eixo económico. Toca volver ó equilibrio orzamentario. E iso, que é? O mesmo que sería no seu fogar, que os cartos que se ingresan cheguen para pagar os gastos do ano. É dicir, vivir sen números vermellos.

Esta situación traducida á linguaxe orzamentaria leva a buscar o superávit primario, é dicir, que os ingresos correntes dean asumido os gastos correntes. Polo tanto, esta é a tarefa do Presidente Sánchez, presentar unha folla de ruta que faga fincapé no gasto corrente. E temos que subliñar isto, porque non serve facer trampas ó solitario. A Unión Europea non quere unha parálise dos investimentos; todo o contrario, que sigan o seu ritmo. O que busca é que os axustes vaian polo gasto corrente, polo xeito de vida do Estado.

A normalidade non é gastar mais do que tes

E a débeda? Entende, e con razón, que se es quen de acabar o ano sen números vermellos a débeda baixará soa. Isto é pura lóxica. Obviamente, os investimentos poden facela medrar, pero o triste e tamén o preocupante é ter que endebedarse para poder manter o día a día do Estado, e isto é o que ten que terminar.

O plano de actuación, que deberá entregarse en maio, marcará os fitos, pero previsiblemente non fale das actuacións previstas. Esa será unha tarefa que comezará nos novos orzamentos, que se son coherentes serán de todo menos populistas. O que é difícil é ver o presidente Sánchez falar de axustes impopulares e aos poucos días convocar eleccións, que lembro serán a finais de este ano. O que me leva a pensar que ou ben adianta as eleccións ou evitará o exercicio presupostario para iniciar o novo camiñar da economía española ¿Que fará? Penso que o primeiro, deixando o axuste para o novo presidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos