Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven as visitas nocturnas teatralizadas ao cemiterio de San Amaro

Volven as visitas nocturnas teatralizadas ao cemiterio de San Amaro

Fiz de Cotovelo actúa como mestre de cerimonias

Para asistir é preciso reservar con antelación

G24.gal 07/11/2021 11:34

Regresaron as visitas nocturnas teatralizadas ao cemiterio de San Amaro, na Coruña, que quedaran suspendidas pola pandemia. Fiz de Cotovelo, un dos personaxe de Wenceslao Fernández Flores no Bosque Animado, actúa como mestre de cerimonias.

É como unha alma en pena, guía da Santa Compaña, que lles descubre ás persoas asistentes os recunchos e as historias dun dos camposantos máis antigos de Europa.

As visitas continuarán cada sábado ata o mes de decembro, aínda que a iniciativa podería ampliarse máis aló. Para asistir é preciso reservar previamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade