Investigan un veciño das Nogais por unha plantación de cánnabis
O home tiña un pequeno inverdadoiro con plantas en avanzado estado de floración
A Garda Civil investiga un veciño das Nogais por unha plantación de cánnabis localizada nun invernadoiro.
Nun comunicado, a Garda Civil detalla que esta operación saldouse coa aprehensión de varias plantas de cannabis en avanzado estado de floración, cun peso aproximado de 9 quilogramos.
A investigación policial iniciouse o pasado mes de abril, cando no marco dun control de seguridade cidadá, os axentes identificaron o condutor dun turismo que se atopaba consumindo substancias estupefacientes e que transportaba varias macetas, abono e sementes de cannabis.
Así, a Garda Civil procedeu a investigar a este veciño como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de cultivo de substancias estupefacientes. As dilixencias instruídas, xunto coa substancia e efectos intervidos, foron postos ao dispor da autoridade xudicial.