Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Volven as verbenas sen restricións
Sanidade adiantoulle á Asociación de Servizos de Festas de Galicia que o actual protocolo de espectáculos musicais ao aire libre quedará sen efecto este mes
                            G24.gal
                        
                            03/02/2022 23:15
                        
                        
                        
                        
                    
                    O presidente da Asociación de Servizos de Festas de Galicia, José Veiga, asegura que a Xunta se comprometeu a deixar sen efecto este mes o protocolo de espectáculos musicais ao aire libre. Esa norma limita o acceso ás pistas de baile e ás cantinas, entre outras cuestións.
José Veiga celebra o levantamento desas restricións porque, segundo asegura, facían inviable celebrar unha verbena de forma legal. Con ese cambio previsto, Veiga anima as comisións de festas a empezar xa a xestionar as contratacións.
 
                                     
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
        .png) 
    
         
            
                 
            
        