Publicador de contidos

Publicador de contidos

Regresan as ringleiras aos centros galegos de vacinación masiva

Regresan as ringleiras aos centros galegos de vacinación masiva

As persoas convocadas teñen entre 70 e 79 anos e reciben a terceira dose

G24.gal 20/11/2021 18:55

Volveron as ringleiras e as picadas aos centros galegos de vacinación masiva que reabriron este venres. As persoas convocadas teñen entre 70 e 79 anos e reciben a terceira dose.

O obxectivo é administrar o soro de reforzo a case 30.000 persoas ata o 30 de novembro. En total, hai 16 centros en toda Galicia. A poboación que aínda non está vacinada, por calquera motivo, tamén pode acudir a estes puntos sen cita previa.

Na Cidade da Cultura están citadas unhas 3.400 persoas nesta fase e unhas 750 no Hospital da Barbanza. No Ifevi hai citados ao día 5.000 maiores de 70 anos. Este sábado, tamén podían acudir os mariñeiros, que recibiran a vacina monodose de Janssen.

En ExpoCoruña, estaban citadas para recibir a terceira dose de reforzo unhas 4.600 persoas, tamén de entre os 70 e os 79 anos. O Sergas quere chegar a unhas 65.000 persoas desta área sanitaria ata o 3 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos