Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven á casa os veciños desaloxados de 17 aldeas de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón

Volven á casa os veciños desaloxados de 17 aldeas de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón

Destacan a solidariedade doutros lugares que lles ofreceron casas e axuda no desaloxo

"Doe ver toda a serra de loito", láiase un veciño de Carballal, en Folgoso 

Os veciños de Carballal, en Folgoso do Courel, máis tranquilos ao comprobar que as súas casas seguen en pé
G24.gal 19/07/2022 21:33

Co ruído de fondo dos helicópteros de extinción, os veciños volveron este martes á aldea de Carballal, en Folgoso do Courel. Querían estar seguros de seguir tendo casa desde que o xoves pasado un raio iniciou o incendio que aínda afecta esta zona.

Como lembra unha das veciñas, un trono e un raio iniciaron o lume, moi lonxe de Carballal, tanto que nin imaxinaban que ía chegar a onda eles.

Tras unhas noites desaloxados fóra da casa, a maioría no pavillón habilitado na Pobra do Brollón, este martes comprobaron o estado das vivendas ás que, por sorte no seu caso, non chegaron as lapas. Quedaron moito máis tranquilos.

Séntense seguros na volta porque, como di unha veciña, xa non queda nada que queimar e porque, comenta outro, se as autoridades lles din que volvan, será seguro.

Están sen luz e sen cobertura telefónica pero, agora mesmo, iso non lles parece tan importante. O importante, lembran, é teren as súas casas en pé. 

Algúns mesmo apuntan posibles solucións para que estes incendios non se repitan, como unha xeógrafa que suxire prestar máis atención ao tipo de árbores das plantacións, xa que as que superaron o lume son unicamente frondosas.

Coma eles, os veciños doutras dezaseis aldeas dos concellos de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón respiran destas horas máis tranquilos entre os muros dos seus fogares.

Son conscientes de que outros non tiveron tanta sorte e en vez da casas encontraron cascallos e cinsas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade