Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve ser legal fumar nas terrazas dos locais de hostalería

Volve ser legal fumar nas terrazas dos locais de hostalería

A nova lei do tabaco podería prohibir esta práctica de xeito definitivo

G24.gal 23/04/2022 14:31

Chega a "nova normalidade" e, canda ela, volve estar permitido fumar nas terrazas dos locais de hostalería. Con todo, é posible que coa nova lei do tabaco quede prohibida esta práctica de xeito definitivo, igual ca nas praias, en estadios deportivos e en coches con menores ou mulleres embarazadas. 

Moitas terrazas aínda conservan o letreiro informando de que non se pode fumar malia que dende esta semana xa está permitido. Algúns establecementos manteñen a prohibición, adiantándose ao que, previsiblemente, recollerá a lei que está a ultimar o Goberno central. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar