Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve o polbo á feira en Ourense despois de 19 meses

Volve o polbo á feira en Ourense despois de 19 meses

Instaláronse catro polbeiros e catro taberneiros

G24.gal 07/10/2021 15:10

As caldeiras do polbo volven ferver no campo da feira de Ourense. 19 meses levaban os polbeiros sen poder traballar na feira da cidade das Burgas.

Hoxe instaláronse catro polbeiros e catro taberneiros. Queren ser previsores e non levar as sobras para a casa, así que van cocendo aos poucos. Agardan poder volver a partir de hoxe todos os 7 e 17 de cada mes.

Ourense era a única cidade de Galicia que quedaba sen este costume tan noso e tan popular polo mundo adiante. Tradicións que imos recuperando con ilusión tras unha pandemia que o mudou case todo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar