Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve a procesión de Fátima a Ourense despois de dous anos sen celebrarse pola pandemia

Volve a procesión de Fátima a Ourense despois de dous anos sen celebrarse pola pandemia

Agárdase a asistencia esta noite dunhas 50.000 persoas

Dende a Parroquia piden o uso da máscara durante o percorrido para maior seguridade

G24.gal 13/05/2022 13:58

Moita ledicia en Ourense porque esta noite volve a celebrarse a procesión de Fátima, despois de dous anos sen poder saír polas rúas da cidade pola pandemia. Agardan que asistan preto de 50 mil persoas.

Preto de medio cento de voluntarios levan días traballando para que todo saia baixo o previsto. Arestora ultiman a carroza en que irá a Virxe de Fátima, pola tarde adornarana con milleiros de flores.

Esta procesión é coñecida tamén como a dos transistores porque son moitos os fieis que van escoitando durante o percorrido o rezo do rosario. Dende que comezou este ano a novena, pálpase máis emoción ca nunca.

A procesión sairá do santuario de Fátima ás once menos cuarto desta noite, dende a parroquia recomendan para maior seguridade o uso de máscara ante tanta xente que está previsto que asista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar