Publicador de contidos

Publicador de contidos

Voluntarios dunha asociación vixían os montes das Somozas as 24 horas durante seis meses

Voluntarios dunha asociación vixían os montes das Somozas as 24 horas durante seis meses

A súa particular campaña contra os incendios empeza en xuño a remata en novembro

As gardas de 24 horas do voluntariado comezaron en 2008 e desde entón apenas houbo lume

As gardas son de dúas persoas e duran 24 horas
G24.gal 01/07/2022 14:09

Comezou a campaña de incendios e nas Somozas a vixilancia é cousa dos veciños. 73 voluntarios da Asociación de Produtores de Madeira vixían o monte día e noite.

A súa particular campaña contra o lume empezou a semana pasada e dura ata o 30 de novembro. Nela participan cidadáns de todas as idades. Dos 25 ata os 80 anos. Antes de empezar fan un cadrante para organizarse. Cada voluntario terá dúas quendas de 24 horas patrullando os montes das Somozas. "Normalmente tócalles a dúas persoas xuntas", comenta Diana Fernández, voluntaria de Promaso.

Eva López é das máis antigas da Asociación de Produtores de Madeira e di que leva ben estas gardas. De noite cústalle un pouco máis, pero afirma que o fai con gratitude porque se non hai incendios é unha cousa boa para todos.

O monte na comarca do Ortegal é unha fonte de riqueza para os veciños O monte na comarca do Ortegal é unha fonte de riqueza para os veciños

O monte, fonte de riqueza

O sector forestal no Ortegal é unha fonte de riqueza. O ano pasado, os propietarios de Ferrolterra e Ortegal ingresaron case 33 millóns de euros pola venta de eucalipto e pino.

Promaso é unha asociación que compra madeira e asesora en temas forestais. "Non ten ánimo de lucro", di Toñito López, o seu presidente. Finánciase coas cotas dos seus 400 asociados e demanda máis axuda da administración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade